Sintonía e comezo da emisión coa presentación de convidados.

Roberto Taboada, Presidente da Asociación Veciñal, presentou as Noticias do Barrio Alto-Canido. Informacións relativas aos contactos mantidos cos comerciantes do Barrio cara a constitución dunha Asociación. Información relativa á Reunión Interbarrial e ás novas actividades espalladas xa no Aviso á veciñanza nº 7.

 

Rafa Aguirrebengoa centrou a sección Outra información é posible arredor de dous bloques temáticos; un primeiro tema foi a Situación da Sanidade Pública e un segundo tema a Renda Básica Universal.

 

Na sección Vivo, penso e declaro tivemos como convidada a Tere Leira. Lembranza do seu Esteiro da nenez e descrición dunha nova vida en Canido onde actualmente vive, seguido de desexos e reivindicacións para un barrio humanizado e con futuro.

 

No Tema do día, Situación medioambiental da comarca de Ferrol, participaron Xan Lopes e Miguel Anxo González representando a ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), insignia de ouro Ferrol 2017. Exposición da actual situación da Ría e os múltiples factores que levaron á degradada situación actual ( verteduras, recheos, planta de gas, pontes que fan de barreiras para o tránsito das augas, peche exterior…). Exposición sobre o estado dos nosos bosques e a ILP. Exposición das necesarias medidas sobre a xestión de residuos. Exposición do necesario cambio no uso do transporte. Remate con chamamento á necesaria participación cidadán no movemento ecoloxista.

 

Nas montañas de Galicia, sinfonía nº 2 de Andrés Gaos e peche de emisión.

https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-10-audios-mp3_rf_23565018_1.html