Emisión do programa número oito. Comezo coa nova sintonía para dar entrada a Roberto Taboada e a súa sección informativa NOTICIAS DO BARRIO ALTO-CANIDO.

 

Continuidade da programación coa presentación da nova sección OUTRA INFORMACIÓN É POSIBLE. Rafael Aguirrebengoa, encargado desta nova proposta, expón a necesidade de espallar unha información que achegue noticias que escasamente van aparecer nos medios habituais de comunicación. Desenvolve Rafa as noticias escolmadas para esta emisión.

 

E pásase ao debate do día, AS IRMANDADES DA FALA, que neste ano foron distinguidas como “Ferrolán do ano”. Participan como convidados Xosé  Mª Dobarro, Xesús A. López Piñeiro e Bernardo Maiz. Desenvolvemento do debate dende a exposición do momento histórico e os cambios económicos e sociais que a comezos de século acontecen no País. O movemento das Irmandades e a diversidade ideolóxica das xente que o compoñían. A extensión territorial das Irmandades. O Manifesto como proxecto vangardista que abranguía unha concepción nova e transformadora  para Galicia. A expresión estética dende a Literatura, a música ou as artes plásticas…

 

Escoitamos a Manuel Quiroga e o seu Canto Amoroso e despedímonos con En pé de Ramón Cabanillas.

https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-8-audios-mp3_rf_23032750_1.html