Semana…que case que vai parecer pre-Covid…sábado “vermucito” musical no patio do centro cívico da man de La Casita e o domingo retomamos con moita ilusión e máxima prudencia o Mercado Popular de segunda man, artesanía e antigüidades e tamén foliada coa Escola Semente de Trasancos. Para coñecer detalles podes escoitar o audio de Radio Voz, […]
CAIXA DE SOLIDARIDADE E RESISTENCIA
As entidades que forman parte da Intrabarrial de Canido, anuncian a posta en marcha dunha Caixa de Solidaridade e Resistencia no barrio para o apoio da veciñanza e familias afectadas polas limitaciós e peche de negocios, en tanto as administracións non fagan o seu traballo, que non é outro que o de protexelas. Podedes facer […]
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL HUMANIT
Presentada no Centro Cívico a “Campaña de Recollida de Material Humanitario” (non perecedeiros, aseo persoal, tendas de campaña…) para as persoas refuxiadas dos campamentos de Grecia. Habilitamos un espazo no vestíbulo do CC, en horario de 11 a 13 h e de 19 a 21 h ate o 2 de novembro. Consultade o cartaz para […]
Comezamos curso 2023-24
Aula de informática “a todo filispim”
Hoxe recibimos, da man do alumnado en “Programación de Sistemas Informáticos”, instrucións para o uso da Aula de Informática, que grazas ao seu labor, vai como un foguete! En breve poderemos ofertar actividades formativas neste eido.
Proxecto de horta comunitaria na parcela...
Unha pequena parte da finca será acondicionada como «zona de lecer» -con un espazo axardinado, algún banco e arbustos frutais-, mentres que o resto da parcela acollerá hortas comunitarias que poderán ser utilizados pola veciñanza, entidades e asociacións do barrio, algunhas delas xa amosaron interese como o colexio San Rosendo ou a asociación de voluntariado […]
Actividades curso 2020-21
O Sábado, día 12, publicamos as actividades para o curso 2020-21, coa previsión de comenzar en outubro. Estamos traballando para implementar medidas e medios para facer máis seguras e cómodas as actividades.
Xornada de traballo sociocomunitario. In...
En colaboración coa asociación Xeración (voluntariado internacional) realizouse unha xornada de encontro-traballo colectivo no Lavadoiro de Insua O sábado 22 de agosto foi unha xornada de traballo en comunidade para a comunidade. Participamos moitas e variadas xentes, pero un dos obxectivos era implicar á rapazada que habitualmente utiliza o lugar e aí están, brocha na […]
Receptividade en Celso Emilio Ferreiro c...
Estas foron as principais solicitudes e reflexións recollidas na xuntanza mantida coa veciñanza da rúa Celso Emilio Ferreiro en relación ás próximas intervencións anunciadas polo Concello A dita xuntanza celebrouse na biblioteca do centro Cívico de Canido o mércores 17 de xuño entre as 19,00 e as 19, 50 horas, e contou coa asistencia de […]
Reanudación de servizos no Centro Cívico
A partir do martes 16 de xuño voltamos, polo de agora: servizo de enfermaría de 11 a 12 e atención ao público de 12 a 13 horas. Sempre cunhas escrupulosas medidas de seguridade. Tamén reanúdanse outros usos e actividades no centro cívico, das que xa iremos informando.













