Dirección: Rúa Alegre, 106, 15401 Ferrol, A Coruña
Teléfono: 981351164
Realizamos celebracións, reunións familiares etc. Dispoñemos de servizo de comida para levar e recoller no propio local. Estamos especializados na comida caseira, temos menú do día e os nosos produtos máis destacados son os callos, o xamón asado e a tortilla de pataca. Durante o verán tamén disponemos de churrasco e sardiñas asadas por encargo.
Ofrecemos un trato familiar e amable sen faltar o profesional.
O Mesón Rías Altas é un negocio familiar da Familia Piñeiro. Abrimos as nosas portas no ano 1989, rexentado nun principio por J. Piñeiro e Geluca, e ser axudados polos seus fillos José Ángel “Peke” e Fernando, na actualidade son Fernando e a súa muller Marta os que dirixen o negocio mantendo a tradición e aumentando a familia propia e maila clientela.