Próxima actividade de animación á lectura con Ana Puentes, bulide que as prazas son limitadas. Celebraremos o entrido, vide co voso disfrace!! O 27 de febreiro no Centro Cívico de Canido, duas sesións (ás 11,30 e ás 18,00) Prazas limitadas é precisa inscrición anticipada (tlno. 616484147) facebook.animacionalectura
EN MARCHA O BOSQUE COMESTIBLE
O venres 18 de febreiro asinamos o documento de cesión da parcela na rúa Celso Emilio Ferreiro. Ben agradecidas a Amalia Niebla, propietaria da parcela e a todas as compañeiras e entidades que nos acompañan nesta nova aventura. Neste espazo desenvolveremos un proxecto ben lindo, un prototipo de bosque comestible, do que faremos partícipes a […]
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Retomamos a actividade de animación á lectura con Ana Puentes…prazas limitadas. Interesad@s chamar ao tlfno 616484147 facebook.animacionalectura
DESCONVOCADA CONCENTRACIÓN VECIÑAL
Atención!!! AS ENTIDADES DE CANIDO DESCONVOCAN A CONCENTRACIÓN PREVISTA PARA MAÑÁ, VENRES 4 DE FEBREIRO ÁS 17 H. Á media mañá deste Xoves, o concelleiro de seguridade Germán Costoya xunto co xefe da policía local achegáronse ata o barrio a manter unha reunión co presidente da entidade veciñal xunto con outros representantes asociativos así como […]
CURSO INTENSIVO DE BAILE FLAMENCO
Xa imos avanzando unha actividade especial para o mes de marzo: Aula mestre de Julio Ruiz, un consagrado “bailaor” urcitano. Para máis información podedes contactar no teléfono 626 601 072 facebook.flamenco
PRESENTACIÓN “LA HIJA DEL CONSERJE”
Comezamos o ano e retomamos as presentacións de libros, que tan boa acollida teñen. O sábado 29 de xaneiro ás 18 h presentación de “La hija del conserje”, de Alberto Serantes. Apuntade na vosa axenda. facebook.presentacion
MAXIA NO CENTRO CÍVICO
facebook.portamaxica Máxica actividade para a rapazada. Día 3, no centro cívico. Obradoiros Queres ser maga/o? Dende a organización de Porta Máxica creamos un espazo para que as nenas e nenos de Ferrol poidan aprender algúns efectos e convertirse en aprendices de ilusionista. Os obradoiros de maxia de Porta Máxica teñen por obxectivo achegar a arte […]
CONCERTO DE ACORDEÓN
CURSO EXCELL
Formación moi interesante para iniciar o ano e conseguir un nivel DEUS…no uo do Excel… facebook.cursoexcell